Posts Tagged "textos meus"

20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida dentro do coche agardando por min ata que medrei cada tarde á saida do colexo das clases de piano de baile de pandeireta de inglés de informática ,,,, cantas horas cantas páxinas cantos quilómetros a espera quizais a que eu a vira

07.Dec.2010 crónica de aniversario

o venres 3, meu avó fixo 90 anos. sempre fala do cabo prioriño en ferrol. do fermoso que era cando fixo a mili. de como cambiaron as cousas. dos caldeiros de percebes que lle botaban aos porcos. das viaxes ata alá. das cartas e as fotos a rosalía. ali, meu avó senén era corneta. di […]

22.Nov.2010 tour

… e cando non teña nada máis que rascar penso facelo saudarvos dende o cristal e ti comigo… entre as latas de conserva as chanclas da ducha e a dentadura postiza

19.Nov.2010 vai de pozas

1,2,3….saltar as pozas como martha graham

Comentarios desactivados en vai de pozas

09.Nov.2010 sorpresa

…e de cando en vez a vida esa sorpresa… delicioso, suxestivo e poético o traballo de Sandrine Estrade Boulet

Comentarios desactivados en sorpresa

11.Out.2010 vía láctea

entrevista realizada por carlos roma o pasado xullo

02.Set.2010 aracne

nas sabas nos vaqueiros nos tenis no té da mañá nas ventás nos bolígrafos nos pasos no pelo sabes?, hoxe por primeira vez teño a sensación de ter teas de araña nas cousas

Comentarios desactivados en aracne

23.Ago.2010 plan renove

de nena cando vía a propaganda das tendas de electrodomésticos e dos grandes almacéns con todas esas neveiras e frigoríficos ateigados de tanta estética, daba un xiro. semellaban tan fermosos!. todo perfecto, colocado ao milímetro, a suculenta conxunción das cores. o peixe nun andel, todas as bebidas noutro, o verde da leituga plástica, o vermello […]

21.Xul.2010 cando te coñecín

cando te coñecín pensei: – antes de bicalo pagaría por ver o cuarto onde medrou… as iconas sempre son iconas e ti, anque quixeras disimulalo, tamén as levabas grabadas nos ollos. as revistas, a discoplay, a superpop…a tinta no papel malo…as imaxes que durmiron contigo veñen con maletas e instálanse na cabeza. cando te coñecín […]

Comentarios desactivados en cando te coñecín

20.Xul.2010 hoxe quero -es

es-ti-o es-pe-ran-za es-tra-da es-pe-rar es-tu-pen-do es-coi-tar es-bel-ta es-tre-me-cer es-tig-ma es-tar es-tra-do es-ta-men-to es-ta-ble-ci-do es-tu-dar es-mor-ga es-ma-gar es-cu-pir

Comentarios desactivados en hoxe quero -es

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico