Posts Tagged "recapitulación"

01.Feb.2011 estamos tol@s

hai uns días flipei…flipei tanto que creo que ainda vexo en cores o certo é que bucenado pola rede ( link, link, link) atopei a páxina dunha persoa que me queda preto. unha páxina creada a partir dunha aplicación do twitter chamada formspring. para entendernos trátase dun consultorio, dunha entrevista persoal onde xente que coñeces […]

07.Dec.2010 crónica de aniversario

o venres 3, meu avó fixo 90 anos. sempre fala do cabo prioriño en ferrol. do fermoso que era cando fixo a mili. de como cambiaron as cousas. dos caldeiros de percebes que lle botaban aos porcos. das viaxes ata alá. das cartas e as fotos a rosalía. ali, meu avó senén era corneta. di […]

31.Out.2010 intres

hai imaxes que nos fan parecer felices,,,intres para alimentar o futuro e recordar o que fomos imaxes.- basquiat e madonna nos 80′

Comentarios desactivados en intres

23.Ago.2010 plan renove

de nena cando vía a propaganda das tendas de electrodomésticos e dos grandes almacéns con todas esas neveiras e frigoríficos ateigados de tanta estética, daba un xiro. semellaban tan fermosos!. todo perfecto, colocado ao milímetro, a suculenta conxunción das cores. o peixe nun andel, todas as bebidas noutro, o verde da leituga plástica, o vermello […]

21.Xul.2010 cando te coñecín

cando te coñecín pensei: – antes de bicalo pagaría por ver o cuarto onde medrou… as iconas sempre son iconas e ti, anque quixeras disimulalo, tamén as levabas grabadas nos ollos. as revistas, a discoplay, a superpop…a tinta no papel malo…as imaxes que durmiron contigo veñen con maletas e instálanse na cabeza. cando te coñecín […]

Comentarios desactivados en cando te coñecín

09.Xul.2010 o xen idiota

teño que revisar os meus xenes porque creo que hai un que anda despistado. máis ben penso que é raro…lento, tonto e terríblemente tímido…. algo lle pasa ao meu xen, que fai que me sinta “extraña e mesmo mala” cada vez que teño que lle pedir a alguén que me devolva algo que por dereito […]

15.Xuñ.2010 decor(acción)

decor(acción) – non me digas que caín – daquela non o nomees – sei

Comentarios desactivados en decor(acción)

11.Xuñ.2010 sentar

Xuño ven con chuvia pero non por iso hai que aniñar. Na tribu estamos acostumados a buscar alternativas, a sair a flote. A miña bisavoa Mamá Carme sentaba no cabaceiro e falaba con todos os que pasaban polo camiño. A xente, ao virar a esquina, dirixía os ollos para a entrada da casa sabendo que […]

Comentarios desactivados en sentar

17.Mai.2010 como quixera ser un león

ARRRRRRRRRRRRRRRRRRGGGGGGGGGGGGGGGG!!!!!!!!!! – como quixera ser un león –

02.Mai.2010 Godot fai catro anos

o día 30 de abril de 2006, Godot comezaba a falar. catro aniños cheos de post que me fan feliz. Para celebralo imos abrir unha páxina e dicir: – Estragón. Debería estar aquí. – Vladimir: Non asegurou que viría. – Estragón: ¿E se non ven? – Vladimir: Voltaremos mañá. – Estragón: E pasado mañá. – […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico