Posts Tagged "poesía"

20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida dentro do coche agardando por min ata que medrei cada tarde á saida do colexo das clases de piano de baile de pandeireta de inglés de informática ,,,, cantas horas cantas páxinas cantos quilómetros a espera quizais a que eu a vira

13.Dec.2010 ENCONTROS MIL PEDRAS

Este venres 19, ás 21:00 participarei no ENCONTRO MIL PEDRAS: poesía, música e artes plásticas na Coruña, rúa brasil, nº3, baixo, A Coruña Teño moitas ganas de participar neste encontro e atoparme ali compartindo escenario con xente á que estimo e quero moito. Será ben interesante, seguro.

Comentarios desactivados en ENCONTROS MIL PEDRAS

22.Nov.2010 tour

… e cando non teña nada máis que rascar penso facelo saudarvos dende o cristal e ti comigo… entre as latas de conserva as chanclas da ducha e a dentadura postiza

09.Nov.2010 sorpresa

…e de cando en vez a vida esa sorpresa… delicioso, suxestivo e poético o traballo de Sandrine Estrade Boulet

Comentarios desactivados en sorpresa

07.Nov.2010 de novo

e trala guerra…inventar o movemento de novo imaxe.- kazuo ohno texto.- osondaxordeira

Comentarios desactivados en de novo

03.Nov.2010 V encontro d@s novos/as

o sábado a partires das 10.00 comeza o V encontro d@s nov@s escritores/as da AELG na coruña. nesta ocasión teño o pracer de coordinar a mesa: QUE TEN A POESÍA QUE POUCOS A LEN PERO TODOS A PRECISAN, na que participan Álvaro Negro, Celso Fernández Sanmartin e Oliver Laxe. quedades tod@s convidad@s, sobretodo porque é […]

11.Out.2010 vía láctea

entrevista realizada por carlos roma o pasado xullo

06.Set.2010 no mes de…

SETEMBRO, ese mes que ao nomealo rebenta na boca

10.Ago.2010 collida a súa man

Foi fermoso collerme da man de Dores Tembrás o domingo primeiro de agosto, cando a calor deixaba un pouco de marxe para o combate. Pronto agardo por orde aos apuntamentos, aos dela e aos meus, e darlles forma, pero o que quero é comentar o encontro. Pois se ben as poéticas poden ser de entrada […]

Comentarios desactivados en collida a súa man

12.Xul.2010 a rosa de warhol

A Rosa de Warhol Saíu á entrada do CGAC para botar un cigarro. Xusto enfronte, varias ducias de persoas subían as escaleiras de Bonabal con libros e rosas nos brazos e comezaban unha lectura. Intrigada, virouse e mirou ao garda de seguridade que, xusto detrás súa, ollaba ao mesmo punto. – E esa xente?– preguntou. […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico