Posts Tagged "de nena"

20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida dentro do coche agardando por min ata que medrei cada tarde á saida do colexo das clases de piano de baile de pandeireta de inglés de informática ,,,, cantas horas cantas páxinas cantos quilómetros a espera quizais a que eu a vira

23.Ago.2010 plan renove

de nena cando vía a propaganda das tendas de electrodomésticos e dos grandes almacéns con todas esas neveiras e frigoríficos ateigados de tanta estética, daba un xiro. semellaban tan fermosos!. todo perfecto, colocado ao milímetro, a suculenta conxunción das cores. o peixe nun andel, todas as bebidas noutro, o verde da leituga plástica, o vermello […]

28.Abr.2010 o piano

De nena, dicíalle a miña nai que se me movían as notas no pentagrama e que así non podía tocar ben o piano… só para que me puxese lentes. Cando o oculista mirou cos aparatos, percatóuse de que daquela xa estaba algo enferma de estética, e que aquela dramaturxia non era máis que unha lea […]

24.Abr.2010 ler activa músculos

por iso quixen tomar clases de baloncesto para muscular a falta de amigos pero as canastras non sabían de libros e semellaban tixolas as que cuspir dende abaixo * texto tirado de (RETRO)VISOR. Ed. Xerais, 2010

Comentarios desactivados en ler activa músculos

26.Mar.2010 mariña mira

mira pola ventá e sente que comeza algo novo, ou que algo está a piques de acontecer. – hoxe non vai chover – pensa – xusto hoxe que non teño roupa que colgar…- e leva a man á boca para sentir a saliva. cando era pequena matou un porco porque lle abriu o pecho do […]

Comentarios desactivados en mariña mira

06.Mar.2010 o alimento

de nena non sabía a que se referían cando se dicía: “non só de pan vive o home”. agora penso que xa o entendo e… doe, hostias se doe!!!

Comentarios desactivados en o alimento

06.Xan.2010 despedidas

cando era pequena como en galiza aínda non había centros comerciais, meus pais soían levarnos os domingos ao aeroporto para ver despegar os avións. pegados aos ventanais sentiámonos pequeniños silenciando as palabras co ruido dos motores. daquela parecíame fermosisimo, pero hoxe non podo evitar estar triste nas despedidas.

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico