20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida
dentro do coche
agardando por min
ata que medrei
cada tarde
á saida do colexo

das clases de piano
de baile
de pandeireta
de inglés
de informática

,,,,

cantas horas
cantas páxinas
cantos quilómetros
a espera
quizais
a que eu a vira

Comment Pages

There are 3 Comments to "páxinas"

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico