07.Dec.2010 crónica de aniversario

o venres 3, meu avó fixo 90 anos.

sempre fala do cabo prioriño en ferrol. do fermoso que era cando fixo a mili. de como cambiaron as cousas. dos caldeiros de percebes que lle botaban aos porcos. das viaxes ata alá. das cartas e as fotos a rosalía.

ali, meu avó senén era corneta. di que gustaba de selo.

o día 3 a familia camiñou entre a neve para espertalo por sorpresa coa alborada de veiga.

nevaba forte, as vacas botaban bafo e no aire soaba unha trompeta.

Comment Pages

There are 2 Comments to "crónica de aniversario"

  • Xaquín Rodríguez di:

    Felicidades ao tío Senén. O meu fillo maior Martín cumpre anos o mesmo día que él: o día 2, aínda que como sempre o celebredes o 3.
    Bicos para todos:
    Xaquín

  • xaquín, unha gran sorpresa e ledicia escoitarte por aquí.

    un bico enorme vai de volta dende este lado.

    antía

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico