Archive for the "recapitulación" Category

01.Feb.2011 estamos tol@s

hai uns días flipei…flipei tanto que creo que ainda vexo en cores o certo é que bucenado pola rede ( link, link, link) atopei a páxina dunha persoa que me queda preto. unha páxina creada a partir dunha aplicación do twitter chamada formspring. para entendernos trátase dun consultorio, dunha entrevista persoal onde xente que coñeces […]

07.Dec.2010 crónica de aniversario

o venres 3, meu avó fixo 90 anos. sempre fala do cabo prioriño en ferrol. do fermoso que era cando fixo a mili. de como cambiaron as cousas. dos caldeiros de percebes que lle botaban aos porcos. das viaxes ata alá. das cartas e as fotos a rosalía. ali, meu avó senén era corneta. di […]

31.Out.2010 intres

hai imaxes que nos fan parecer felices,,,intres para alimentar o futuro e recordar o que fomos imaxes.- basquiat e madonna nos 80′

Comentarios desactivados en intres

26.Ago.2010 permanecer

falar coas persoas que hai moitos anos que non ves é incrible. semella que pasaron tantas cousas…., tantas cousas entre dous tempos que marea. saber que cada instante é un reto. a loita é permanecer. imaxe.- david lachapelle

23.Ago.2010 plan renove

de nena cando vía a propaganda das tendas de electrodomésticos e dos grandes almacéns con todas esas neveiras e frigoríficos ateigados de tanta estética, daba un xiro. semellaban tan fermosos!. todo perfecto, colocado ao milímetro, a suculenta conxunción das cores. o peixe nun andel, todas as bebidas noutro, o verde da leituga plástica, o vermello […]

21.Xul.2010 cando te coñecín

cando te coñecín pensei: – antes de bicalo pagaría por ver o cuarto onde medrou… as iconas sempre son iconas e ti, anque quixeras disimulalo, tamén as levabas grabadas nos ollos. as revistas, a discoplay, a superpop…a tinta no papel malo…as imaxes que durmiron contigo veñen con maletas e instálanse na cabeza. cando te coñecín […]

Comentarios desactivados en cando te coñecín

20.Xul.2010 hoxe quero -es

es-ti-o es-pe-ran-za es-tra-da es-pe-rar es-tu-pen-do es-coi-tar es-bel-ta es-tre-me-cer es-tig-ma es-tar es-tra-do es-ta-men-to es-ta-ble-ci-do es-tu-dar es-mor-ga es-ma-gar es-cu-pir

Comentarios desactivados en hoxe quero -es

09.Xul.2010 o xen idiota

teño que revisar os meus xenes porque creo que hai un que anda despistado. máis ben penso que é raro…lento, tonto e terríblemente tímido…. algo lle pasa ao meu xen, que fai que me sinta “extraña e mesmo mala” cada vez que teño que lle pedir a alguén que me devolva algo que por dereito […]

20.Xuñ.2010 fracturas

traxectoria, pasos, fracturas, pasos, traxectoria, fracturas… …inventario da corredora de fondo

18.Xuñ.2010 ata sempre

ata sempre

Comentarios desactivados en ata sempre

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico