Archive for the "libros" Category

01.Xan.2011 pasar páxina

comezar o ano pasando páxinas imaxe.- marilyn lendo joyce

20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida dentro do coche agardando por min ata que medrei cada tarde á saida do colexo das clases de piano de baile de pandeireta de inglés de informática ,,,, cantas horas cantas páxinas cantos quilómetros a espera quizais a que eu a vira

03.Nov.2010 V encontro d@s novos/as

o sábado a partires das 10.00 comeza o V encontro d@s nov@s escritores/as da AELG na coruña. nesta ocasión teño o pracer de coordinar a mesa: QUE TEN A POESÍA QUE POUCOS A LEN PERO TODOS A PRECISAN, na que participan Álvaro Negro, Celso Fernández Sanmartin e Oliver Laxe. quedades tod@s convidad@s, sobretodo porque é […]

11.Out.2010 vía láctea

entrevista realizada por carlos roma o pasado xullo

10.Ago.2010 collida a súa man

Foi fermoso collerme da man de Dores Tembrás o domingo primeiro de agosto, cando a calor deixaba un pouco de marxe para o combate. Pronto agardo por orde aos apuntamentos, aos dela e aos meus, e darlles forma, pero o que quero é comentar o encontro. Pois se ben as poéticas poden ser de entrada […]

Comentarios desactivados en collida a súa man

16.Xuñ.2010 fácil

Fácil non foi a palabra que me fixo chegar ata aquí * de (Retro)visor, Edicións XERAIS, 2010

07.Mai.2010 fotiñas

…. de como foi a presentación de (RETRO)VISOR na Feira do libro de Santiago de Compostela…. 05-05-2010 nas fotos: Fran Alonso, Estevo Creus máis esta que fala

04.Mai.2010 estevo creus

Mirar unha e outra vez a mesma imaxe. Construír unha máquina para deter a cabeza. Estevo Creus.- O libro dos cans ……………………………………………………………………………….. mañá Estevo Creus preséntame (RETRO)VISOR e estou contentísima de que así sexa. recordo o momento exacto no que comecei a ler Poemas da cidade oculta de Estevo. Un libro que me marcou moito […]

Comentarios desactivados en estevo creus

24.Abr.2010 ler activa músculos

por iso quixen tomar clases de baloncesto para muscular a falta de amigos pero as canastras non sabían de libros e semellaban tixolas as que cuspir dende abaixo * texto tirado de (RETRO)VISOR. Ed. Xerais, 2010

Comentarios desactivados en ler activa músculos

20.Abr.2010 paraugas

http://www.youtube.com/watch?v=QiVS56IePXw micah p. hinson é como calcetar horas. as cousas van indo e camiñamos felices polos tramos nos que non chove..anque temos paraugas, sempre temos paraugas leo a Juan Gelman: El viento que entra en la cocina sacude el cartelón con el rostro de alguna actriz del cine mudo. Mary Pickford tal vez. Es bella, […]

Comentarios desactivados en paraugas

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico