Archive for "Dec 2010"

20.Dec.2010 páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida dentro do coche agardando por min ata que medrei cada tarde á saida do colexo das clases de piano de baile de pandeireta de inglés de informática ,,,, cantas horas cantas páxinas cantos quilómetros a espera quizais a que eu a vira

13.Dec.2010 ENCONTROS MIL PEDRAS

Este venres 19, ás 21:00 participarei no ENCONTRO MIL PEDRAS: poesía, música e artes plásticas na Coruña, rúa brasil, nº3, baixo, A Coruña Teño moitas ganas de participar neste encontro e atoparme ali compartindo escenario con xente á que estimo e quero moito. Será ben interesante, seguro.

Comentarios desactivados en ENCONTROS MIL PEDRAS

07.Dec.2010 crónica de aniversario

o venres 3, meu avó fixo 90 anos. sempre fala do cabo prioriño en ferrol. do fermoso que era cando fixo a mili. de como cambiaron as cousas. dos caldeiros de percebes que lle botaban aos porcos. das viaxes ata alá. das cartas e as fotos a rosalía. ali, meu avó senén era corneta. di […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico