Archive for "Xul 2010"

26.Xul.2010 muro

semella unha estampa feliz e eu, ao vela, non podo máis que danzar triste foto e texto.- osondaxordeira

Comentarios desactivados en muro

21.Xul.2010 cando te coñecín

cando te coñecín pensei: – antes de bicalo pagaría por ver o cuarto onde medrou… as iconas sempre son iconas e ti, anque quixeras disimulalo, tamén as levabas grabadas nos ollos. as revistas, a discoplay, a superpop…a tinta no papel malo…as imaxes que durmiron contigo veñen con maletas e instálanse na cabeza. cando te coñecín […]

Comentarios desactivados en cando te coñecín

20.Xul.2010 hoxe quero -es

es-ti-o es-pe-ran-za es-tra-da es-pe-rar es-tu-pen-do es-coi-tar es-bel-ta es-tre-me-cer es-tig-ma es-tar es-tra-do es-ta-men-to es-ta-ble-ci-do es-tu-dar es-mor-ga es-ma-gar es-cu-pir

Comentarios desactivados en hoxe quero -es

12.Xul.2010 a rosa de warhol

A Rosa de Warhol Saíu á entrada do CGAC para botar un cigarro. Xusto enfronte, varias ducias de persoas subían as escaleiras de Bonabal con libros e rosas nos brazos e comezaban unha lectura. Intrigada, virouse e mirou ao garda de seguridade que, xusto detrás súa, ollaba ao mesmo punto. – E esa xente?– preguntou. […]

09.Xul.2010 o xen idiota

teño que revisar os meus xenes porque creo que hai un que anda despistado. máis ben penso que é raro…lento, tonto e terríblemente tímido…. algo lle pasa ao meu xen, que fai que me sinta “extraña e mesmo mala” cada vez que teño que lle pedir a alguén que me devolva algo que por dereito […]

07.Xul.2010 escollo

A escea que escollo é o baño dun hotel con papel na parede e un gran neón no tellado. a protagonista vestida de noiva bótase unhas pingas do seu perfume favorito antes de voltar ao salón onde todos están comendo e bebendo no banquete nupcial… imaxe.- cindy sherman texto.- meu

Comentarios desactivados en escollo

05.Xul.2010 chegou mariña e fíxome rir

hai cousas que sempre se ven ligadas a outra persoa. un cheiro, un sabor, un paseo, unha cidade… Neste caso é a sensación de facer o parvo, rir e facer o parvo outra vez ata non poder máis. é xenial que alguén sexa quen de espertar nun esa sensación. a capacidade de negar o medo […]

04.Xul.2010 o recado

(…) – Déixame ir – Teño que ir soa – Vale,vai soa… pero logo cóntasmo, si? – Non será preciso – Si que o será…precísote (…) imaxe.- cindy sherman

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico