Archive for "Abr 2010"

29.Abr.2010 eternidade

accionar sen pensar é eternidade imaxe.- blow up

Comentarios desactivados en eternidade

28.Abr.2010 o piano

De nena, dicíalle a miña nai que se me movían as notas no pentagrama e que así non podía tocar ben o piano… só para que me puxese lentes. Cando o oculista mirou cos aparatos, percatóuse de que daquela xa estaba algo enferma de estética, e que aquela dramaturxia non era máis que unha lea […]

27.Abr.2010 (re)colocar

O bo que teñen as imaxes de Richard Billingham é que sempre te (re)colocan. que necesario é….

Comentarios desactivados en (re)colocar

26.Abr.2010 reiniciar

ás veces, atopar algo así, un clip nunha peli, un algo pequeno…ao escoito, é coma unha ollada limpa ante tanto vertedoiro ás veces doe o aire e dan gañas de apagalo todo, invernar e reiniciar cun bote grande de limpa cristais na man se clicas no cadro en branco verás a imaxe.-

Comentarios desactivados en reiniciar

24.Abr.2010 ler activa músculos

por iso quixen tomar clases de baloncesto para muscular a falta de amigos pero as canastras non sabían de libros e semellaban tixolas as que cuspir dende abaixo * texto tirado de (RETRO)VISOR. Ed. Xerais, 2010

Comentarios desactivados en ler activa músculos

20.Abr.2010 paraugas

http://www.youtube.com/watch?v=QiVS56IePXw micah p. hinson é como calcetar horas. as cousas van indo e camiñamos felices polos tramos nos que non chove..anque temos paraugas, sempre temos paraugas leo a Juan Gelman: El viento que entra en la cocina sacude el cartelón con el rostro de alguna actriz del cine mudo. Mary Pickford tal vez. Es bella, […]

Comentarios desactivados en paraugas

14.Abr.2010 periferia 3

periferia é atopar un camelo do portal de belén sobre a mesa na celda dun cárcere

Comentarios desactivados en periferia 3

11.Abr.2010 periferia 2

periferia é prantar perexil no bidé porque vives nun sexto e non tes horta

Comentarios desactivados en periferia 2

10.Abr.2010 periferia 1

periferia é ver como a miña avoa decide ir un domingo a misa no tractor se non ten a ninguén que a leve en coche

Comentarios desactivados en periferia 1

09.Abr.2010 té morno

mandoume unha mensaxe dicíndome algo de Nick Drake e as margaridas do seu xardín. púxenme contenta de que o carteiro lle entregase a salvo o paquete co libro. a mañá foi algo así coma un trago de té morno e,como vai sol, semella que queda todo un día por diante. teño que sacar o carnet […]

Comentarios desactivados en té morno

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico