Archive for "Xan 2010"

30.Xan.2010 exames

este venres viña no tren santiago – a coruña cando vin algo que me fixo pensar. o caso é que ao pouco de tomar asento descubrín que algúns postos máis aló atopábase un antigo mestre meu da facultade. un home que despertaba moito respeto e que me examinara por primeira vez dentro da universidade dunha […]

22.Xan.2010 única move o rabo en galego

ainda que foi atropelada, non perdeu o senso e cada vez que lle digo QUÉROTE move o rabo. Única teno interiorizado. sabe que na casa, querémonos en galego e damos bicos de película

16.Xan.2010 raimund hoghe

<a href='‘ >exodos 2008 falar de sentementos, sen sentimentalismos… raimund hoghe olla a maría callas e a todo o universo da estética. Pasolini e ” botar o corpo á loita “

Comentarios desactivados en raimund hoghe

10.Xan.2010 willy ronis

hoxe descubrín ao fotógrafo willy ronis e encantoume

07.Xan.2010 neva!!!!

<a href='‘ >heidi na neve – cando parará de nevar? – pregúntallo á neve!!!

Comentarios desactivados en neva!!!!

06.Xan.2010 despedidas

cando era pequena como en galiza aínda non había centros comerciais, meus pais soían levarnos os domingos ao aeroporto para ver despegar os avións. pegados aos ventanais sentiámonos pequeniños silenciando as palabras co ruido dos motores. daquela parecíame fermosisimo, pero hoxe non podo evitar estar triste nas despedidas.

03.Xan.2010 o hobbit

meu avó senén é coma un hobbit dos que xa case non quedan. este nadal vino “felicísimo” sentado no seu sofá cor tella novo, xogando con anacos de turrón duro e falándonos coa mornura que lle é propia. a él débolle moitas cousas, pero asinaría agora mesmo se de senén puidese herdar a luz do […]

01.Xan.2010 saraband

que mellor para comezar o ano que un paseo ben cedo, en chandal e sen resaca pola cidade e un chocolate con churros a media tarde, tras ver SARABAND na mellor das compañías. peliculón onde os haxa!!!!

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico