Archive for "Out 2008"

27.Out.2008 xa sei…é autobombo….

mañá día martes a iso das 22:00 horas comezan de novo os ATLÁNTICOS, que por certo desta vez teñen web aqui vai outro prisma de godot, aínda que vaia con autobombo…

24.Out.2008 como son do 82, no horóscopo chinés son cadela

comezar nunha nova casa é coma subir ao alto dun tellado e deixarte caer cara atrás sabendo que alguén vai estar disposto a recollerte. gústanme as alfombras de ikea porque son baratas, e por iso non me sinto mal cando sen querer tropezo cunha cunca e tiro líquido sobre ela ( anque no fondo fode […]

23.Out.2008 estrela de mar

Entre a mudanza e as caixas,as sinaturas de contratos,as axudas ao aluguer que son unha grande farsa,as contracturas…. déixome levar pola estrela de mar que este domingo me ocupa no Centro Sociocultural Valadares de Vigo, onde recitarei ao lado de xabier cordal e os accidents polipoétics a iso das 19:00 horas. A presentación será a […]

20.Out.2008 MY BLUEBERRY NIGHTS

agardo pola última entrega de SANTOWONGKARWAI, anque a fotografía xa non sexa de Christopher Doyle…

14.Out.2008 MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES

O domingo 19 de outubro colaborarei na performance encadrada dentro da Marcha Mundial da Mulleres que a continuación vos relato: Marcha Mundial das Mulleres quere retomar a orixe do milladoiro, cunha simbolxía inicial como construción milenaria que simboliza a ofrenda ás deusas e deuses para protexernos e guiarnos no camiño. O propósito do noso camiño […]

03.Out.2008 cando as mandarinas

comezar cousas novas. retomar outras que estaban quietiñas…sempre pensei que o ano empezaba en setembro. nas agridoces mandarinas. Hai uns días fun ao Pazo de Oca. A pesar de ter que pagar catro euros por visitar os xardíns e cabrearme bastante, decidín sacalo lado zen e desfrutar das camelias, dos estanques, da oca e do […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico