Archive for "Abr 2007"

28.Abr.2007 Adianto para o luns

O luns na Feira do libro de Santiago, sita na Ferradura poderedes ler e escoitar o seguinte: Luns, 30 de abril. Día da Poesía. – 11.00 Visita dos escolares á feira do libro. Actividades de animación á lectura.– 19.00 Poesía popular. Regueifas na Alameda.– 20.00 A poesía na feira do libro. Recital poético coordinado por […]

ecografía ( bis)

Cando asomeifoi de cabezae con demora Tampoucochegaran os trense naiescolleu parirde pé Entre as vías

Comentarios desactivados en ecografía ( bis)

26.Abr.2007 Martes

E vermella dixo: – Hoxe non hei levar tortas á casa de ninguén. Hoxe ninguén vai abrir a boca para me engulir polo camiño. Hoxe, deixarei que me tires algunhas fotos para ese novo book e logo, irémonos de festa. ( * Na realidade, ela escribe o que desexaría facer, xa que hoxe está moi […]

25.Abr.2007 a montaxe

Hoxe comezo a montar o documental que dirixo sobre Maruja Mallo. Estou moi contenta e nerviosa á vez. Cortar e pegar, tecer tal que costureira.O seu abrigo, a súa metáfora de carmín vermello. Dame aire detrás das orellas, por favor. Arrefríame a suor das mans.

24.Abr.2007 de novo, chuvia

Despois de moitos días volveu chover, e é coma que todo semella máis propio.Hoxe,as tres da tarde ninguén se asomaba á ventá para colgar pezas de roupa; mais os dias con choiva son para iso. Para inxeñar maneiras alternativas de que as teas sequen dentro do piso. As cadeiras, os radiadores ou os tendais portátiles […]

20.Abr.2007 adicta a cor

O certo é que primeiro soía ordear os sugus por gamas cromáticase, unha vez feito, poñíame a facer o mesmo cos fíosmentras comía os sugus que adicciónver os ollos sorrir

17.Abr.2007 máis vermello

Encántame esta ilustración de Patricia Metola que descubrín esta tarde a través do seu blog: www.tipika.blogspot.com

16.Abr.2007 CASTING

ás veces fago o seguinte: a) penso nunha palabra e métoa no Google.b) Logo doulle a opción imaxes e contemplo as ligazóns multitudinarias que poden sair en relación á palabra que eu propuxen. Desta vez fíxeno coa palabra CASTING, e entre candidatos a Operación Triunfo e outros menesteres…., apareceu este aparello de pesca chegado directamente […]

15.Abr.2007 Dalí en Tokyo

Cando Dalí mirabao andar rápido dos xaponeses

12.Abr.2007 taller na granell

Taller de animación á lectura e creación literaria Nos meses de abril e maio a Fundación Eugenio Granell aposta pola realización dun obradoiro de aproximación ó mundo da literatura. Músico, escritor político, periodista, escultor e sobre todo pintor, de Eugenio Granell non podemos esquecer a súa faceta como novelista. En relación coa actividade literaria do […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico