Archive for "Set 2006"

27.Set.2006 A TÚA MIRADA GOLPÉA A MIÑA FACE

UN NOMEPARA CAMIÑAR POLO MUNDOE UN BIGOTEQUE ME CHEGUE AOS PÉS ( POR SE ACASO) imaxe: Barbara Kruger

26.Set.2006 Acóllome a Beckett

Di Samuel Beckett: -A arte foi sempre un puro interrogante, preguntas retóricas sen retórica-. ( Por sorte, atópome nese punto e todo ao redor semella xirar. A encantadora masoca vese reflexada e, canto menos, sinte…. Uf!!!……Uf!!!…………Uf!!!!…………………………………………………………………………………………………………………………………………………….)

25.Set.2006 todas as luces

Coller todas as lucesAs que me ispenno lombo da casae tragalas de golpeDeixar que me cebengorda coma un berroate elevarme globocomo o teu sorrisoque escachaen cada apertaque recibosustono espazo mediodo corredor (*Moitas grazas, krisis, polo teu agasallo-retoque fotográfico. És un sol)

21.Set.2006 facer do día un circo

Ante tanto temporal, hoxe en Godot abrimos unha carpa de circo.Pasen e vexan!!!!. Estades tod@s convidados.Eu pídome ser a equilibrista das longas trenzas. E vos, que queredes ser?

19.Set.2006 cando non hai imaxes

posuirme para desposuirmerestaurarmee logo pendurarmeboca abaixocomo as galiñasnos ganchos dos mercados

14.Set.2006 Agárdovos no Combarro- Poio

Ateneo Corredoira17 Setembro 2006, 18h 30mCombarro – PoioPontevedraPoetas na Rúa, celébrase desde hai cinco anos no concello de Poio e encádrase dentro das actividades de Arte Próxima, destinadas a mostrar as diferentes manifestacións artísticas da xente máis nova en espazos alternativos e próximos á cidadanía: obradoiros artísticos para crianzas, exposicións en lugares pouco habituais, etc. […]

13.Set.2006 14 de setembro

Acabo de cumplir 24 anos e todo ao redor expándese como o insaciable cheiro dun kebap

12.Set.2006 onde o corpo é alimento

Crieime preto da aldea dos meus avós, por iso dende nena sempre veño dicindo: – “ Eu como ovos da miña avoa, carne da miña avoa, leite da miña avoa…” -. Hoxe, aínda ás veces teño que parar un intre despois de falar, para me decatar de que non é o seu corpo o que […]

08.Set.2006 a montaña rusa

A nova casa e o primeiro té verde apoiado enriba das caixas, baixo as lámpadas dos anos setenta. A visión desexada. Só queda pechar a porta e respirar. O espazo propio. A pseudoautonomía. O piso de aluguer. A vida por diante para ser construída, alongada a través dos días como as pestanas co rimel. Todos […]

06.Set.2006 Porque pode ser do voso interese…

TALLER DE CREACIÓN LITERARIA_[Antía Otero-escritora]“No Ollo da Arte” Imparte: Antía é licenciada en Historia da Arte e autora de “O son da xordeira”, editado en Espiral Maior-Poesía, ademáis de ter participado como coautora de diversas obras. Taller: Este taller está pensado para persoas interesadas no mundo da literatura e da arte.A partir dos 18 anos. […]

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico