Archive for "Xul 2006"

31.Xul.2006 ESTÉTICA

Cheguei hoxe a Valladolid (como o ano pasado) neste agosto que comeza.Teño por diante un mes para transcorrer nun máster de historia e estética do cinema.“Pero a mín gústame a túa estética, a que deseño co maxín dentro desta imaxe que che amoso. Arquiveite na retina anque ti non teñas polo momento cámara de fotos […]

27.Xul.2006 AUTOPOÉTICA

No ollo da ladra: A mensaxe inscrita no subtexto dun bolero –– Eu 1:Empezas a escribir nun folio en branco porque xa antes comezaches a facelo noutro.Transcribes o que tes nas notas que foches tomando nas cafeterías, na parada do autobús, nas escaleiras das prazas… Pero esta vez ha ser diferente. Prométeste a ti mesma […]

26.Xul.2006 como unha batedora

Pero é que eu son ansiosa.Engánovos dende sempre facéndovos crer que domino a situaciónque a miña pelve coñece o espazo exacto onde coloco a cadeira na que pousoque reciclo porque as caixas de cartón que apilan na entrada do superson perfectas para levar a miña compra. As bolsas de plástico non me gustan cando hai […]

Comentarios desactivados en como unha batedora

17.Xul.2006 ELIXE MODELO

ONTE VINME REFLICTIDA NAS TÚAS LENTES E AÍNDA TEÑO QUE PENSAR SE ME GUSTOU…

14.Xul.2006 A MULLER DAS TRENZAS FALA

Non o dí, máis ninguén vai rescatar á muller das trenzas. Non o dí, máis a única forza que a retén na torre é ela mesma. Coma mín, ela sabe que o conto é un conto enfermo de raíz.

Comentarios desactivados en A MULLER DAS TRENZAS FALA

10.Xul.2006 os gatos suicídanse coa lúa chea

Suicidarsegatacoa lúa chea de asfaltoAgardar na estradacoa língua fora o expolio do cadávera chegada dos mass mediaA perfección do tecidobúscame os ollose agromame nas axilasSempre o faina seguinte rodaxeno sorriso do coñecementoSó daquelaquedo tranquila e vivo eternas vacaciónsA miña morte convértesenesa ficciónque transportocando me miras polas costas

07.Xul.2006 A PAUSA

Aínda que me biques non vou espertar… Collín este día para mín. Volte máis tarde.

Comentarios desactivados en A PAUSA

04.Xul.2006 POLA FIESTRA…

DE NENAASEXABA MAREAS DENDE A FIESTRAHOXEPLANTARON EUCALIPTOS

Comentarios desactivados en POLA FIESTRA…

03.Xul.2006 COLLENDO CARAMUXOS

Aínda me atopo na cidade anque o ceo xa comeza a se caer enriba. Por iso, se pecho os ollos podo ver o Monte Siradela ao pé da península de O Grove. En breves días mollarei os pés en San Vicente. Estades convidados a coller caramuxos…

Comentarios desactivados en COLLENDO CARAMUXOS

Essentials

Meta

Pages

Categories

  • música

  • Histórico